Que fai un arquitecto pontevedrés en China?
Por Redacción
Tan só un español interveu no 'World Stone Congress' de China, un congreso sobre a pedra celebrado paralelamente ao 'Xiamen Store Fair 2016', o arquitecto pontevedrés, Mauro Lomba. Xunto a el, participaron profesionais de máis de 53 países e os 2.000 provedores de pedra a nivel mundial como o francés Gilles Perraudin ou o grego Magda Konstantinidou.
Durante a súa estancia en Xiamen, o pontevedrés puxo en valor a excelencia da pedra galega como elemento da arquitectura, e aludiu á importancia histórica da construción en pedra como parte da cultura e a paisaxe desta comunidade autónoma.
Lomba tamén declarou que a pedra ofrece moitas posibilidades grazas ao gran desenvolvemento tecnolóxico actual, e que reto actual ao que se enfrontan os profesionais en todo o mundo é "preservar as culturas de cada lugar nun mundo globalizado".