Inician unha recollida de sinaturas para pedir "más diálogo" no proxecto de reordenación do tráfico en Barcelos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O proxecto de reordenación do tráfico na praza de Barcelos, que incluirá a peonalización ante o colexio e a reestruturación dos aparcadoiros e sentidos de circulación no resto da praza, xerou unha división na contorna. Dun lado, os partidarios da obra tal e como a expuxo o Concello de Pontevedra. Doutro, veciños e comerciantes que consideran que "hay que actuar, pero no de esta forma" e que este mércores empezaron unha campaña de recollida de sinaturas para pedir que se paralicen as obras que xa empezaron na praza e comece o proceso "con más diálogo" e exposto de tal forma que "no empeore el tráfico".
Jesús del Campo é un veciño da praza que na noite do martes ao mércores colgou 60 carteis reclamando 'Non ao proxecto de reordenacion de Barcelos' e pola tarde xa se atopou coa sorpresa de que alguén os retirou e tan só quedaba un terzo. Esta actuación dos vándalos non lle fará amedrentarse na súa intención de trasladar ao Concello e aos veciños do resto da cidade a súa opinión sobre as obras na zona, que comparten boa parte dos veciños e comerciantes.
Os comerciantes da zona situada máis próxima ao colexio de Barcelos móstranse máis partidarios do proxecto tal e como o concibe o Concello porque "tal y como está ahora, esto no puede seguir, mejor que los coches dejen de pasar por donde está el colegio", pero no lado contrario da praza a opinión é contraria. Prefiren non dar o seu nome "para que no se personalice en nadie, es una opinión compartida por todos", pero insisten en que "claro que apoyamos que aquí algo hay que hacer, que hagan obras en Barcelos, pero no como quieren hacerlo". E, sobre todo, quéixanse de que "no se ha escuchado ninguna de las sugerencias que le hicieron los vecinos".
Nos últimos meses, o Concello convocou dúas reunións con veciños e comerciantes da zona para falar sobre este proeycto. Á primeira asistiron unha trintena de persoas e aseguran que "se le pidieron cosas a las que luego no hicieron ni caso". A segunda celebrouse este luns con escasa asistencia, pero quen si foron móstranse moi críticos co ocorrido, pois non se tiveron en conta as súas suxestións da anterior reunión, "no nos escucharon y, además, no entendemos para qué nos llaman para preguntar si a las nueve horas de la reunión ya empezaron a hacer las obras".
Á mañá seguinte desa reunión, empezaron as obras na praza a pesar de que inicialmente lles trasladaron que as obras empezarían o luns de Semana Santa, de modo que o enfado veciñal foi a maiores e Jesús, o único veciño que está disposto a dar o seu nome, empezou a recollida de sinaturas. No escrito que repartiu por boa parte dos comercios da praza critica que o Concello quere "imponer" unha reordenación de Barcelos "sin tener en cuenta las sugerencias y reclamaciones de los residentes y comerciantes" e solicita que se paralice e se abra un diálogo para buscar a mellor opción para todos.
Entre outras propostas, os asistentes ás reunións co Concello propuxéronlle, por exemplo, que non fagan xa as obras para converter en peonil a zona situada xusto diante do colexio, senón que fagan unha proba dun mes situando valos para cortar o tráfico -proposta que tamén fixo o PP-y asi probar cómo funciona y si el tráfico va bien".. Tamén teñen outra petición destinada a non empeorar o tráfico nunha zona da cidade xa caracterizada por atascos e retencións, que primeiro se realicen as obras destinadas a reestruturar os aparcadoiros na zona superior e lateral da praza para convertelos en zonas de carga e descarga e servizos e, unha vez que iso estea xa concluído, se realicen as obras de peonalización na contorna do colexio, pois senón prevén que haberá un colapso de tráfico.
"Lo razonable es escuchar a los vecinos. Si lo hiciesen, tan sólo le diríamos que nosotros lo único que no queremos es que no empeore el tráfico en la plaza, claro que queremos que mejore esto, Barcelos hay que mejorarlo, pero el tráfico ya es un caos y no queremos que sea peor", tenta explicar unha veciña, que cre que con esta actuación tan só se beneficia ao colexio para prexudicar a toda veciñanza.
Os veciños e comerciantes contrarios queren deixar claro que "se nos quiera acusar de estar politizados y aquí no hay nada de política", só un grupo de veciños que cre que este luns "se nos tomó pelo" ao convocarlles a unha reunión para pedirlles a súa opinión sobre unha obra da que xa estaba todo decididido e, ademais, "ni siquiera se convocó a todos los vecinos, sino que solo se colgaron carteles anunciándola en algunos portales".
Relacionadas:
-
O PP pide ao Concello "escoitar máis e impoñer menos" e insiste en probar o tráfico en Barcelos
Por Redacción |
-
Bará continuará coas obras peonís en Barcelos malia a recollida de sinaturas en contra
Por Redacción |
-
A circulación cambia na praza de Barcelos a partir do martes de Semana Santa
Por Redacción |
-
O Partido Popular reclama unha proba de tráfico antes de reducir a circulación en Barcelos
Por Redacción |
-
As restricións de tráfico en Barcelos expóñense aos veciños
Por Redacción |
-
As obras de peonalización ante o Colexio Barcelos realizaranse durante a Semana Santa
Por Redacción |
-
Veciños, comerciantes e comunidade educativa coñecen o proxecto para peonalizar Barcelos
Por Redacción |