Un cruceiro para conmemorar o 70 aniversario de Arcos da Condesa
Por Redacción
Alumnos da Escola de Canteiros son os autores do cruceiro que a Deputación de Pontevedra instalou nos últimos días en Arcos da Condesa para conmemorar o seu 70 aniversario como entidade local menor.
O cruceiro, que foi solicitado polo Concello de Caldas de Reis, foi elaborado nos últimos seis meses.
Mide aproximadamente cinco metros de altura e ten un peso de 1.800 quilogramos. Está situado sobre unha plataforma cadrada e conta cun dado no que está inscrito Praza do 70 aniversario. E.L.M. Arcos da Condesa. 1946-2016.
A cruz mostra o descendemento de Cristo e unha imaxe da Piedade en vertical, seguindo o estilo de Miguel Ángel.
A través deste cruceiro, a Deputación de Pontevedra quere manter o recordo no tempo do 70 aniversario da declaración de Arcos da Condesa como entidade local menor no ano 1946.