A chuvia provoca varios accidentes nas Rías Baixas
Por Redacción
A chuvia é a principal causante ao longo da mañá de incidencias en diferentes estradas das Rías Baixas.
En Vilanova de Arousa ás 10:48 da mañá produciuse unha colisión na parroquia de Tremoedo entre dous camións co resultado dunha persoa ferida que foi trasladada ao Hospital do Salnés. Non foi necesaria a súa excarceración. Ningún dos camións transportaban material perigoso.
Unha hora antes, no Muíño de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa), outros dous camións colisionaron impactando contra outros vehículos aparcados na zona. Non se rexistraron feridos.
E en Cambados, minutos despois das dez da mañá, un particular alertaba ao 112 da saída dun vehículo da vía sen que o condutor sufrise lesións de gravidade.