Recollen máis de 3.000 firmas a favor da esterilización de cans
Unha cidadá lanzou a través da plataforma Change.org unha petición esixindo a esterilización dos cans que se entregan en adopción desde o Centro de Acollida de Animais Domésticos Abandonados (CAAN).
A Deputación de Pontevedra é a responsable deste centro que ten como obxectivos fomentar a adopción de animais, sensibilizar para a erradicación do abandono e os malos tratos animais, e limitar o sacrificio de animais domésticos.
Neste centro esíxese por parte do adoptante a firma dun contrato no que se indica que non se pode criar con eles. Con todo, por defecto, os animais son entregados sen esterilizar e sen indicar esta condición aos adoptantes.
Isto xerou múltiples queixas que se reflicten nas firmas conseguidas. Garantindo esta esterilización espérase que se reduzan os casos de cría ilegal de cachorros e a súa posterior venda, xa que a maioría destas situacións derivan en malos tratos aos animais.