Recuperan o corpo sen vida do mergullador desaparecido en Carril
Por José Alberto Graña Pérez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O corpo sen vida de Gonzalo Corda Guillán, de 41 anos de idade, foi atopado arredor das 12.00 horas deste martes 29 de marzo nas proximidades do punto onde o seu compañeiro dixera que se mergullara para desancorar un rizón no peirao de Carril
Esta mañá, ás 09.30 horas, retomáranse os labores de procura de Salvamento Marítimo, Garda Civil e Policía Nacional, ademais dos servizos de Protección Civil.
A desaparición producíase este luns 28 a últimas horas da tarde. A partir dese momento iniciouse unha intervención na súa procura por terra, mar e aire, contando durante esta mañá tamén con dous mergulladores da Garda Civil.
O suceso produciuse cando o desaparecido atopábase cun amigo nun viveiro próximo ás zonas de procura. O mergullador dispúxose a entrar no mar en procura dunha áncora mentres o seu compañeiro esperaba o seu retorno. Despois de dúas horas de demora, ao non ter novas sobre el, alertou aos servizos de emerxencias.