Os nenos, protagonistas na inauguración da praza do hospital
Este xoves 31 de marzo inaugurarase a nova praza do hospital, cuxas obras comezaron o pasado 7 de outubro, nun acto aberto a todos os pontevedreses e no que os nenos terán un especial protagonismo.
A tarde será amenizada con xogos infantís que empezarán ás 17:30 horas, contando ademais cunha actuación musical ás 19:45 horas.
O obxectivo desta nova praza, segundo o Concello, é gañar espazo para os peóns e anunciou no seu momento o interese en ampliala ata rúa Antón Fraguas.
A nova praza conta con 1.200 metros cadrados, feita con plataforma única combinando formigón, granito e lousa. O espazo complétase con mobiliario urbano e árbores para crear espazos de sombra.
O prezo da obra foi de 335.000 euros.
Relacionadas:
-
A reforma integral da contorna do Hospital Provincial incluirá unha estatua en homenaxe aos doantes
Por Natalia Puga |
-
Música e xogos infantís na estrea da "Praza do Hospital"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
As obras da nova praza do Hospital conclúen este luns co asfaltado dos seus extremos
Por Redacción |
-
A final de mes inaugurarase a Praza do Hospital
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Proxectan prolongar a praza peonil do Hospital Provincial ata o cruzamento de Antón Fraguas
Por Diego Espiño |