Música e xogos infantís na estrea da "Praza do Hospital"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Xa está inaugurada a bautizada como "Praza do Hospital". Foi nun acto aberto a todos os pontevedreses que se quixeron achegar e no que os nenos tiveron un especial protagonismo cunha festa infantil a cargo de Rivel Animación e unha actuación musical.
Tamén houbo discurso a conta do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que lembrou que con este novo espazo os peóns conquistan unha zona moi urbanizada e con grande densidade de poboación, ademais de darlle unha entrada máis digna ao edificio do Hospital Provincial.
É coñecido o interese do Concello en ampliar esta praza cos espazos axardinados do Hospital Provincial para o que xa están en marcha as negociacións bilaterais entre o Concello e o Sergas e tamén o anuncio de ampliar a praza ata a rúa Antón Fraguas.
O novo espazo de encontro dos veciños do barrio ten 1.200 metros cadrados de plataforma única, na que se combinan o formigón de alta resistencia, o granito e as lousas de ton ocre, que son altamente ecolóxicas xa que a súa composición incorpora materiais procedentes da reciclaxe, especialmente de sectores da construción e industrial.
A praza complétase con mobiliario urbano e árbores para crear espazos de sombra.
O custe da obra foi de 335.000 euros.
Relacionadas:
-
A integración do Hospital Provincial na nova praza de Loureiro Crespo, lista en novembro
Por Alejandro Espiño |
-
Os pivotes da nova praza do Hospital son "mortais", segundo o PP
Por Redacción |
-
Acordo entre Concello e Sergas para integrar o Provincial na nova praza de Loureiro Crespo
Por Alejandro Espiño |
-
Revolución na circulación do centro da cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Os nenos, protagonistas na inauguración da praza do hospital
Por Elena Álvarez Quintá |
-
As obras da nova praza do Hospital conclúen este luns co asfaltado dos seus extremos
Por Redacción |
-
A final de mes inaugurarase a Praza do Hospital
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |