A Xunqueira I estrea camelias
Por Redacción
Dez novas camelias melloran desde este xoves o aspecto do centro educativo Xunqueira I. Os propios rapaces do centro colaboraron na plantación destas árbores
A plantación programouse coa idea de que os nenos reforcen o seu coñecemento sobre o mundo da camelia e poidan convivir e gozar do desenvolvemento destas plantas durante toda a estancia no centro ao longo de todas as etapas educativas.
As camelias plantadas proceden da colección da Deputación que se mantén e se reproduce na Estación Fitopatolóxica de Areeiro e que foron seleccionadas para constituír unha mostra das grandes diferenzas que existen ente as diferentes especies e cultivares.
Así, o alumnado poderá ir coñecendo de preto todas as fases polas que vai pasando o arbusto durante a súa formación e crecemento.
Ademais, os rapaces coñeceron algunhas das potencialidades desta planta como os xabóns, os aceites e o té que se elabora a partires das follas e as sementes de determinadas especies deste cultivo.