Dúas ideas empresariais do campus pontevedrés reciben o premio do INCUVI-Emprende
Por Redacción
Co obxectivo de premiar a elaboración dunha idea de negocio creativa xurdiu o concurso INCUVI-Emprende que chega ao seu segundo ano coa novidade de engadir propostas procedentes do campus de Pontevedra. Desta forma, dos oito premiados nesta edición, dous deles son pontevedreses. Trátase de InterArtyve Books e Fogar12Fogar.
InterArtyve Books céntrase na creación dunha editorial de ebooks artísticos a través da Internet mentres que Fogar12Fogar é unha idea empresarial que se centra na elaboración de repostaría seguindo os gustos e as necesidades do cliente. Nesta edición presentáronse 33 proxectos con máis de cincuenta participantes.
O premio que concede a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) consiste nunha subvención dos custos de estanza por un período máximo dun ano nun dos espazos da pre-incubadora de empresas situada na sede de AJE na rúa Ferreiros. O presidente da Asociación, Jose Manuel Valenzuela, entregaba as chaves destinadas aos dous despachos aos gañadores pontevedreses nun acto que se desenvolveu este luns 4 de febreiro no campus de Vigo.