Reclaman a Costas a desafección de máis de 20.000 metros cadrados en Ponte Sampaio
Por Alejandro Espiño
O Concello de Pontevedra iniciou os trámites para solicitar a Costas do Estado a desafección de máis de 20.000 metros cadrados, situados en terreos de dominio marítimo-terrestre da parroquia de Ponte Sampaio.
En concreto, o goberno municipal quere que deixen de estar afectados pola protección costeira os terreos que ocupan actualmente o campo de fútbol, o campo da festa, a nave para usos náuticos e a antiga praza de abastos.
Todos estes terreos, segundo Raimundo González, manterán un uso público.
A eles sumarase a zona verde desde a ponte medieval ata o campo da festa.
Paralelamente, para axilizar as obras previstas no campo de fútbol, o Concello solicitou permiso a Costas para converter estas instalacións nun campo de herba sintética, para o que haberá que cambiar a bancada de lado.
Espérase unha resposta afirmativa de Costas a esta petición, xa que recentemente tamén se desafectaron os terreos que ocupa o colexio público da parroquia.
Relacionadas:
-
Seis anos pendentes de Costas en Ponte Sampaio: a falta de permisos impide mesmo mellorar o parque infantil
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Piden a Costas desafectar o ámbito do pavillón de deportes e gran parte da Xunqueira
Por Alejandro Espiño |
-
O fútbol base de Ponte Sampaio pide "clemencia" ante o lamentable estado de abandono dos seus vestiarios
Por Redacción |
-
Unha rede municipal de campos de fútbol de herba sintética, novo reto para o rural pontevedrés
Por Alejandro Espiño |
-
O Estado cede definitivamente ao Concello os terreos do colexio de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O Concello pide a Costas a innecesariedade dos terreos do campo de fútbol de Ponte Sampaio
Por Redacción |