A Brilat culmina en Zaragoza a súa prepararación como brigada de moi alta dispoñibilidade da OTAN
Por Redacción
A Brigada de Infantería Lixeira (Brilat) Galicia VII continúa o adestramento que comezou en 2015 para prepararse para asumir no principio do ano ao mando da nova Forza Conxunta de Moi Alta Dispoñibilidade da OTAN (VJTF) e, co fin de poñer o colofón final a eses adestramentos, desde o martes 12 de abril atópase no centro nacional de adestramento (CEADE) de San Gregorio, en Zaragoza.
As manobras, que concluirán o próximo 22 de abril, supoñen xa culminar o adestramento como forza de moi alta dispoñibilidade da OTAN e inclúen a participación de efectivos de exércitos do Reino Unido e Bélxica.
O obxectivo é mellorar os procedementos conxuntos para aumentar o nivel de integración e a efectividade destas unidades coa vista posta no próximo despregamento da Brigada en Polonia, previsto para finais do mes de maio. Alí producirase o despregamento real da VJTF (Very High Readiness Joint Task Force) desde as súas bases ata o campo de manobras de Zagan, en Polonia, onde esta forza declararase totalmente operativa no Cume de Varsovia a principios de xullo.
Nas manobras de San Gregorio o mando de todos estes exercicios, o plan conxunto e a coordinación entre eles recaen sobre o xefe do Rexemento de Infantería 'Isabel o Católica' número 29 da Brilat, que asume o papel de OCE (Oficcer Conducting the Exercise) para coordinar todas as accións.
En concreto, realízanse exercicios que inclúen a unidades de artillería, zapadores e defensa antiaérea, entre outras. Segundo a información facilitada pola Brilat, todos os exercicios que se realizarán serán tipo beta (isto é, que implican a un batallón). Serán os seguintes: Iron Hammer II, polo Grupo de Artillería; Strong Hold polo Batallón de Zapadores; Fast Warrior, polo Batallón Multinacional; e Eagle Lineage, pola Batería Defensa Antiaérea.
Todos os exercicios permitirán aumentar a cohesión, a interoperabilidade e a efectividade das comunicacións entre os batallóns da Forza Conxunta de Alta Dispoñibilidade, que está composta por exércitos de varios países. En concreto, céntrase nas capacidades e procedementos dos diferentes batallóns co fin de continuar coa instrución iniciada en exercicios anteriores como o 'Valiant Warrior' ou o 'Azor Lineage'.
Relacionadas:
-
O Día das Forzas Armadas tamén chegará á Alameda cunha exposición de material da Brilat
Por Natalia Puga |
-
2016, o ano "de triunfo en triunfo" da Brilat
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat vai a Polonia
Por Redacción |
-
A Delegación do Goberno distingue á Brilat coa gravata da Orde do Mérito Civil
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ensaio xeral na Brilat para despregarse en 48 horas ante unha crise de seguridade en calquera punto do mundo
Por Natalia Puga |
-
A Brilat prepárase en Lugo como "punta de lanza" da OTAN con militares de Bélxica, Reino Unido, Portugal, Polonia e Albania
Por Redacción |
-
Parada militar da Inmaculada na Brilat coa ollada posta no que decida a OTAN
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |