CCOO pide a dimisión de Mosquera na Deputación polo "desprestixio" aos traballadores do Parque de Maquinaria
Por Diego Espiño
Representantes sindicais de Comisións Obreiras pediron este mércores a dimisión do vicepresidente da Deputación, César Mosquera, tras as verbas deste asegurando que funcionarios do Parque de Maquinaria cobraban máis que a propia presidenta provincial, que alcanza os 71.000 euros.
Esas afirmacións foron tachadas rotundamente de "mentiras" por parte dos representantes dos traballadores, que defenden que eses soldos "non están en cobro en bruto nin ao 50% coa presidenta da Deputación", asegurou en rolda de prensa José Ramón Piñeiro.
O delegado de CCOO explicou que o soldo destes funcionarios sitúase "20.000 euros de media", ao que se suman cantidade por quilometraxe ou dietas que os propios traballadores adiantan e logo recuperan na nómica, explican.
"O que tiña que facer neste caso Mosquera era dimitir", defende Piñeiro, que a continuación criticou o soldo de "42.000 euros polo Concello e logo o que percibe na Deputación" o propio César Mosquera
Para o sindicato toda esta polémica responde a unha estratexia de "desprestixio" para "ir cara a empresa privada".
As críticas ampliáronse tamén á situación da planta de aglomerado. Neste caso o secretario comarcal de CCOO, José Luis García Pedrosa, chegou a asegurar que "Mosquera coñece mellor ou aglomerado de Covsa que ou porpio dá Deputación, por algo será", insinuou ante o temor de que desapareza este servizo.
Relacionadas:
-
A Deputación estuda accións legais contra Comisións Obreiras polos ataques "fascistas" a Mosquera
Por Oskar Viéitez |
-
Canto cobran os traballadores do Parque de Maquinaria? Coñece aquí os datos, que a Deputación considera "privilexios"
Por Natalia Puga |
-
Ameazan con estender o conflito do parque de maquinaria ao resto da administración provincial
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores do Parque de Maquinaria concéntranse ante o temor da privatización do servizo
Por Redacción |
-
Convocan unha folga no parque de maquinaria da Deputación
Por Redacción |