Google Street View tamén peonaliza a Praza de Barcelos
Por Oskar Viéitez
Google Maps é hoxe en día a ferramenta máis utilizada do mundo para atopar direccións no mapa, buscar a mellor ruta para chegar ata o sitio ou navegar co coche.
Neste sentido, Pontevedra cos seus frecuentes cambios nos seus itinerarios urbanos, debe ser un reto para os encargados de actualizar as indicacións do GPS cando naveguemos co coche.
Este martes, o coche do Google Street View actualizou a peonalización dos circuítos de tráfico na Praza de Barcelos.
Esta popular aplicación xa incorporou estes cambios aos seus mapas aínda que, en breve, volverán quedar desfasados porque o goberno local xa anuncia unha nova revolución en tráfico rodado da cidade.