Alumnos da Escola de Restauración insisten en pedir a súa integración na universidade
Por Redacción
É unha vella reivindicación pero non por iso deixa de ser unha necesidade para os preto de 60 alumnos do centro. Estudantes e profesores da Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra protagonizaron este mércores unha nova concentración de protesta, ante a Subdelegación do Goberno, para reclamar que esta titulación sexa recoñecida como grao universitario.
A novidade nesta ocasión é que por primeira vez os centros de ensinos artísticos de toda España uníronse para protestar de maneira conxunta nunha xornada nacional na que piden a integración das súas escolas no sistema universitario.
"É absurdo que sigamos en desigualdade de condicións con outros centros da mesma titulación incluso", defende Marta Suárez, alumna do centro pontevedrés que asegura que "é hora de que entendan que non somos unha formación profesional propiamente dita", sinalou.
A situación vólvese especialmente gravosa cando os titulados queren acceder a un posto de traballo en calquera administración, mesmo a nivel europeo, porque "non hai un papel oficial á hora de optar a unha praza pública", explica a representante dos alumnos.
O feito de que todos os grupos políticos, a excepción do PP e coa abstención do PNV, se pronunciasen recentemente no Congreso dos Deputados a favor desta medida fomenta o optimismo en estudantes e profesores, aínda que existe certa incerteza ante a repetición de eleccións xerais.
Relacionadas:
-
Os alumnos de Restauración protestan espidos
Por Oskar Viéitez |
-
Reclaman que Restauración se adscriba á Universidade como está a suceder en Madrid
Por Anxo Lourido |
-
Denuncian ante a Fiscalía o "enchufe" dunha docente na Escola de Restauración
Por Redacción |
-
A Xunta nega que haxa "amiguismo" na concesión dunha vacante en Restauración
Por Anxo Lourido |
-
Indignación na CIG e na Escola de Restauración ante "unha nova cacicada da Consellería de Educación"
Por José Alberto Graña Pérez |
-
Os socialistas reclaman a integración da Escola Superior de Restauración no sistema universitario
Por Redacción |