Os Campos convértese en "unha entrada digna" a Monte Porreiro
Por Diego Espiño
O barrio de Monte Porreiro e a sede pontevedresa da UNED contan ao fin con "unha entrada digna" a través dos Campos.
Así o asegurou o concelleiro Luís Bará tras visitar xunto ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, os traballos finais de remodelación deste viario, unha obra "moi necesaria".
"Calma o tráfico, resolve o tema da accesibilidade, beirarrúas e co soterramento da liña electrica vai gañar tamén a nivel estético", asegurou o edil.
Nesta fase de reforma, con resposición do viario, creación de beirarrúas, colocación de pasos de peóns elevados ou a creación dunha rotonda na entrada da Universidade investíronse 197.627 euros.
Trátase da actuación principal deseñada na zona. Falta aínda executar os traballos de ocultación da liña eléctrica que "en dous ou tres meses deberían estar rematados" e pequenos retoques no exterior da antiga escola unitaria.
Relacionadas:
-
O novo acceso a Monte Porreiro por Os Campos afectará a 32 leiras
Por Redacción |
-
Comezan os exames para máis de cinco mil alumnos da UNED de Pontevedra
Por Redacción |
-
As obras nos Campos entran na súa recta final
Por Redacción | Creada e actualizada
-
En Os Campos din 'si' aos lombos
Por Alejandro Espiño |