Cinco mapas indicarán onde e que se pode mercar no comercio local pontevedrés
Por Redacción
O pequeno e mediano comercio de Pontevedra xa conta cunha guía para axudar aos clientes a moverse pola cidade e coñecer onde e que mercar. É a última iniciativa froito da campaña Pontevedra, Capital Shopping, posta en marcha polo Concello para potenciar o comercio local e dar a coñecer as oportunidades que ofrece aos consumidores para realizar as compras nunha cidade que pode considerarse como un grande centro comercial.
Os concelleiros de Promoción Económica e Medio Ambiente Urbano, Anabel Gulías e Luís Bará, e o polifacético Xurxo Souto, presentaron a guía este xoves na praza do Hospital e insistiron en que engloba a grande diversidade de propostas comerciais da cidade.
A publicación divide o centro comercial urbano en cinco zonas: Casco vello, San Antoniño, Centro, Campolongo e Eduardo Pondal. A través dun mapa ao que se aplica a filosofía do metrominuto, aparecen as diferentes propostas comerciais comprendidas nese espazo.
A guía compleméntase cunha páxina web e unha app gratuíta, onde se agrupan todos os comercios locais e Anabel Gulías explicou que se trata do primeiro paso para facer unha guía completa de todo o comercio da cidade, polo que se irán facendo sucesivas reedicións completando a información.
Relacionadas:
-
Metrominuto terá a súa propia APP para dispositivos móbiles
Por Alejandro Espiño |
-
A moda infantil súmase ao desfile do comercio de Rosalía de Castro
Por Alejandro Espiño |
-
A Verdura vístese de pasarela de moda nunha nova xornada de Capital Shopping
Por Redacción |
-
Xurxo Souto promociona a berros as compras en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A proposta de 'Pontevedra Capital Shopping' adéntrase no Mercado de abastos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontevedra, capital shopping tamén en Vigo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Verdura tamén é Capital Shopping
Por Redacción |
-
De compras a 'Pontevedra Capital Shopping'
Por Redacción |