Redúcese o tráfico diario da Rúa do Rouco en 1.800 vehículos tras a semipeonalización de Barcelos
Por Redacción
A Policía Local retirou esta semana o sistema de aforadores que detectan a presenza de vehículos na Praza de Barcelos e, entre os datos que se trasladan obsérvase unha redución de 1.820 vehículos diarios no tráfico da rúa Rouco.
Trátase dunha presenza de 36% menos de vehículos nesa rúa que antes de que se acometese a reforma nas proximidades do colexio e no lateral do convento de Santa Clara. Pasouse de máis de 5.090 vehículos que se rexistraron en xaneiro de 2016, antes das obras, a 2.363 turismos despois de desenvolver os traballos de semipeatonalización de Barcelos.
O goberno local de Pontevedra extrae destes datos que o tráfico que circulaba por Barcelos era de axitación, de condutores que daban voltas en busca dun espazo no que estacionar. O sistema utilizado detecta que 3.719 vehículos ao día circulaban pola praza con ese obxectivo, un 61% do total de tráfico nesa zona.
O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará, ten previsto actuar na rúa Rouco para ampliar os espazos para peóns e incluír a rúa dentro da estética do resto da cidade. Ademais, o proxecto establece unha actuación na praza de Barcelos ampliando o parque e instalando elementos de xogo, deporte e lecer, con mellora do pavimento, o mobiliario urbano e as zonas verdes.