Marín homenaxea a Julio Santos Pena
Por Redacción
Con motivo da xubilación de toda actividade laboral e profesional do marinense Julio Santos Pena, e en particular da súa actividade informativa, constituíuse unha xestora para organizar un acto de recoñecemento á encomiable labor exercida, informando puntual e
profesionalmente durante máis de 30 anos de todos os acontecementos acaecidos na vila.
Sen esquecerse da súa aberta e desinteresada colaboración en moitas das actividades organizadas por diversos colectivos socio-culturais de Marín, engade Angel García Carragal, un dos promotores desta inciativa..
O acto consistirá nunha homenaxe organizada por "Amigos de Julio Santos" que se lle tributará no transcurso dunha comida con entrega de placa conmemorativa que terá lugar o sábado 27 de outubro. As persoas que queiran asistir a esta comida poden facer o seu reserva no teléfono 986.103.141 ou no 670654334.
Con todo este homenaxe non será o primeiro e seguramente tampouco será o último que se lle brinde a Julio Santos Pena. O comandante director da Escola Naval Militar, Juan Luís Sobrino Pérez, no transcurso dunha amigable comida cos medios de comunicación que cubrimos a información de Marín entregou un obsequio a Xullo como recoñecemento a tantos anos de profesionalidad e bo facer.