Lores fai balance do primeiro ano de mandato: "o comportamento da oposición é absolutamente decepcionante"
Por Natalia Puga
O vindeiro martes 24 de maio cumprirase un ano da celebración das últimas eleccións municipais e, por tanto, da xornada electoral na que o BNG se converteu no partido máis votado e Miguel Anxo Fernández Lores reeditou a Alcaldía por quinta vez. Está a piques de cumprirse un ano gobernando en solitario, pero sen maioría absoluta, o que dificultou ao grupo de goberno a posta en marcha de proxectos e aprobación de decisións plenarias. De todo iso fixo balance o alcalde este sábado.
Lores valorou a acción do goberno como "moi positiva" tanto polo "ritmo altísimo de execución" de proxectos como por lograr os obxectivos que se marcaron para este mandato en materia de participación. Respecto diso, indica que o resto para estes catro anos era "profundar, dar impulso á partiicipación cidadá" e no primeiro ano á fronte conseguírono, pois todas as semanas celébranse reunións entre membros do grupo de goberno e representantes da cidadán en barrios e parroquias, tanto de índole económico como cultural ou social.
A opoisición "boicotea de maneira clara" determinados proxectos
"Valoro positivamente o acompañamento e complicidade cidadá", indicou o alcalde, todo o contrario que a actuación dos partidos da oposición. Cre que a orixe de todo está en que "non asumen a derrota" e o resultado é que "boicotean de maneira clara" determinados proxectos como, por exemplo, o de tratamento e mellora de materia orgánica. En xeral, Lores opina que "o comportamiento da oposición é absolutamente decepcionante".
En canto ao traballo realizado polo equipo de goberno, destaca obras como o desdobramento da avenida de Vigo -en colaboración co Ministerio de Fomento-, a praza do Hospital, investimentos en Pasarón e outros campos de fútbol, obras en todos os barrios e parroquias e actuacións a nivel deportivo, que este mandato vai ser un eixo fundamental.
Pero o traballo municipal vai intimamente unido en ocasións ao doutras institucións e estas tamén se coaron no balance. Sobre a Deputación Provincial, Lores lembra que xa co anterior goberno do PP tiñan colaboración e asinaban convenios, pero desde que chegou o bipartito PSOE-BNG "hai un respeto mútuo institucional" e puxéronse en marcha proxectos e colaboracións que antes non existían en cuestións fundamentais.
En relación co Goberno central, o balance ten luces e sombras. As luces póñenas proxectos xa ejetutados ou en execución do Miniterio de Fomento como o desdobramento da avenida de Vigo, o Nó de Bombeiros, o proxectado paseo a Marín ou o primeiro tramo da autovía A-57, pero a "parte absolutamente negativa" é a renovación da concesión de ENCE para continuar na Ría de Pontevedra 60 anos máis. "Máis que unha sombra, é unha friaxe".
Da Xunta de Galicia non ten máis que malas palabras o alcalde, pois "está desaparecida" e repróchalle que "incluso con mal comportamento". Ten con esta institución unha relación que "non me gusta" porque "as administracións teñen que poñerse de acordo" e coa autonómica o Concello de Pontevedra é incapaz de chegar a entendemento. Como exemplo, fala do "impresentable" comportamento co proxecto dos novos xulgados da Parda.
Relacionadas:
-
Lores, en PontevedraViva Radio: "Non desbotamos pactar para darlle maior estabilidade ao goberno"
Por Alejandro Espiño |
-
Moreira ve "cada vez peor" a Pontevedra: "A Lores se le está cayendo el castillo de naipes"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores, quinto mandato como alcalde en Pontevedra
Por Redacción |
-
Lores presenta un goberno con poucos cambios: "O que funciona ben non é o convinte cambialo"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores varreu no centro urbano e impúxose en doce parroquias do rural
Por Alejandro Espiño |
-
Así queda a nova corporación municipal de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Lores celebra uns "espectaculares" resultados en Pontevedra: "Nunca gañamos con tanta diferenza e claridade"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |