Aberto o proceso para solicitar nichos en San Amaro e Ponte Sampaio
Por Redacción
O Concello de Pontevedra abriu este mércores 1 de xuño o prazo para a solicitude de nichos nos cemiterios municipais de San Amaro e Ponte Sampaio.
A oferta é dun total de 325 nichos, deles 241 están no camposanto de San Amaro e os outros 84 no de Ponte Sampaio.
O prazo para presentar as solicitudes será de catro meses, dous máis do que viña sendo o prazo habitual. É dicir, as persoas interesadas en facerse con algunha concesión terán até outubro para formalizar a petición.
Cada solicitante poderá pedir a concesión dun mínimo dun nicho e un máximo de catro.