Comezan os traballos para retirar a flora invasora na Xunqueira de Alba
Por Redacción
Este martes darán comezo os traballos para localizar e retirar as plantas invasoras na zona da Xunqueira de Alba. Completaranse coa retirada de lixo e restos acumulados na marisma e tentarase facer o mesmo nas charcas próximas.
Os traballos desenvolveranse baixo a supervisión do departamento municipal de Medio Ambiente Natural. Após dunha avaliación de situación procederase a actuar nas distintas zonas nas que medra flora invasora. As especies de flora invasora sobre as que se actuará dun xeito directo son as seguintes:
- Herba da pampa: Cortaderia selloana
- Acacia negra: Acacia melanoxylon
- Mimosa: Acacia dealbata
- Robinea: Robinea pseudoacacia
- Cana: Arundo donax
- Cotula coronopifolia. Medra en zonas de xunqueira e marismas costeiras creando masas monoespecíficas. O arranque manual debe ser moi coidadoso posto que os restos que poidan quedar poden enraizar dando lugar a novas plantas
- Tradescantia fluminensis. Moi frecuente en zonas húmidas, beiras de ríos, mananciais, etc. nos que forma tapices monosespecíficos afectando á rexeneración natural das especies autóctonas.
O obxectivo da actuación é preservar os valores naturais e paisaxísticos deste espazo da cidade que ten a cualificación de ENIL (espazo natural de interese local) e que é unha zona moi concorrida polos pontevedreses que teñen na práctica do deporte e actividade física un dos seus hábitos de lecer.
Tamén se retirarán as especies invasoras (neste caso herba da pampa) da rotonda de Praceres.
Relacionadas:
-
A Xunta porá en marcha unha campaña de loita contra o plumacho da Pampa e a unlla de gato
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE insta ao Concello a tomar medidas contra a "herba da Pampa"
Por Redacción |
-
Vaipolorío comeza a guerra contra os "Plumachos" invasores
Por Redacción |
-
Vaipolorío busca voluntarios para eliminar os "plumachos" do río Gafos
Por Redacción |
-
Comuneiros e ciclistas comparten unha xornada de traballo no monte para o control de especies invasoras
Por Redacción |
-
Un grupo de voluntarios eliminará as especies exóticas invasoras na Illa de Sálvora
Por Redacción |
-
Erradicando a herba ruín que chegou pola autoestrada
Por Oskar Viéitez |