Un home enfróntase a tres anos de cárcere por agredir á súa veciña cun pau de máis dun metro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A mala relación entre José Luis R.G. e a súa veciña E.P.M. chegou este martes a xuízo. Ambos recoñeceron na sala da Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra que se levaban mal en setembro do ano 2014 e que o día 26 mantiveron unha discusión, pero discrepan no resto das circunstancias do ocorrido. Mentres o home asegura que foi ela quen lle pegou, "pim pam pum por la escalera para arriba" co mango da escoba, a muller insiste en que foi el quen colleu un pau de grandes dimensións e lle golpeoulle na cabeza. A súa versión confírmana polo menos dous veciños e tamén os partes médicos.
O fiscal pide que por estes feitos José Luis R.G., veciño de Moaña, sexa condenado a tres anos de prisión como autor dun delito de lesións e a indemnizar a E.P.M. con 270 euros polos danos causados.
O acusado tan só quixo responder as preguntas do seu avogado, o pontevedrés Manuel Franco Argibay, e asegurou que el non agrediu ao seu veciño, senón todo o contrario. Segundo a súa versión, el estaba tranquilamente na súa casa vendo a televisión coa súa nai cando empezou a escoitar insultos e berros do exterior, de modo que colleu unha videocámara para gravar e "tener pruebas". Acabada a discusión, saíu a regar as plantas ao xardín e achegóuselle cun pau dicíndolle: "por encima de mi cadáver". Pouco despois, colleu a escoba, seguiulle escaleiras arriba e golpeoulle na cara. Ela, con todo, non chegou a caer ao chan nin perder o sentido.
Fronte a esta versión, a suposta vítima asegura que si foi golpeada e caeu ao chan. Declarou tras un biombo e asegurou na sala: "me vi muerta", en alusión á violencia da agresión. José Luis está acusado do delito de lesións, pero ela asegura que tentou matala e, falando dela mesma en terceira persoa, asegurou que "Engracia está viva gracias a los vecinos" que foron socorrela.
Segundo a versión dela, durante anos tiveron unha boa relación, pero nun momento dado el cambiou e "empezó a acosar a mi hija" e a gravalas e dicirlles "puta, puta". Ese día, aproveitando que estaba soa no xardín, díxolle "voute focer a ti e á túa filla". "Puta, canto cobras? A ti xa non che dan nada que es unha vella, zorra, puta, e xa che queda pouco", engadiu e a continuación achegoulle a mangueira e encheulle de auga os ollos e os oídos. A continuación, colleu un pau e golpeoulle.
O sucedido asegura que a deixou tan afectada que "una pesadilla recurrente" é revivir todo iso e, ademais, sente "meido constante" e "me ha cambiado la vida" porque hai días nos que nin sequera é capaz de facer o seu traballo como profesora.
A versión da muller confirmárona dous veciños. Unha, ao achegarse á casa, escoitou berros, "coma si estuivesen discutiendo", que José Luis entraba no garaxe cun pau e dicía "que aunque fuese a la cárcel, la iba a matar" Non viu a agresión, pero si a ela a continuación tirada no chan. Outro veciño escoitou a alguén discutindo, que el dicía "a ti te mato" e que logo subía cun pau de metro e pico e, pouco despois, cando foi coa súa muller á súa casa, atopou á suposta vítima tirada no chan.