Rajoy e Sánchez coincidirán en Pontevedra o xoves 16 de xuño
Por Oskar Viéitez
Mariano Rajoy e Pedro Sánchez, candidatos do Partido Popular e do Partido Socialista, coincidirán na cidade de Pontevedra durante a campaña electoral.
Este martes foi o propio Rajoy quen confirmou este martes que acudirá á súa cidade o próximo 16 de xuño e o luns era o PSOE quen anunciaba que nesa mesma data o seu candidato estaría en Pontevedra.
Curiosamente, ao día seguinte será o líder de Ciudadanos, Albert Rivera, quen veña a Galicia, aínda que non desvelou a que cidade en concreto.
Os detalles concretos da estancia na cidade do Lérez de ambos os candidatos aínda non foron anunciados, aínda que no caso do presidente do Goberno en funcións desde a dirección de campaña xa adiantaron que dará prioridade aos actos na rúa e aos paseos para ter contacto directo cos cidadáns.
A última vez que fixo campaña en Pontevedra foi agredido por un mozo en plena rúa, durante un paseo enmarcado na campaña electoral.
Relacionadas:
-
Rajoy 'reconcíliase' con Pontevedra e goza dun paseo tranquilo pola cidade
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Baño de masas en Pontevedra dun Pedro Sánchez que improvisa un mitin en plena rúa
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Javier Maroto visita Pontevedra nunha das paradas da "ruta social" do PP
Por Alejandro Espiño |