Unha proba deportiva, novidade do encontro 'Tambo un mar de historias'
Por Redacción
O próximo 7 de agosto, os veciños de Combarro volverán desembarcar na illa de Tambo. Tras a autorización da Escola Naval de Marín, a asociación veciñal, cultural e recreativa da vila celebrará nese enclave unha nova edición do acto Tambo un mar de historias.
Trátase dunha actividade encamiñada a dar a coñecer este paraxe tan especial pola súa situación xeográfica na Ría de Pontevedra, ou polo arquivo histórico e cultural que agocha. Toda unha oportunidade de poder visitar e gozar dese entorno.
A programación, que será presentada con detalle en próximas semanas, inclúe a participación de varios grupos de música tradicional, visitas guiadas, proxección de audiovisual e como novidade unha proba deportiva.
Debido as restricións no acceso a Illa de Tambo, todas as persoas interesadas en participar nesta xornada, poden preinscribirse a través do correo electrónico avcrcombarro@gmail.com
Ademais, con este acto os veciños queren aproveitar para esixir que as diferentes administracións de Galicia se poñan de acordo co Ministerio de Defensa para o traspaso á sociedade civil dun territorio que continúa inscrito como propiedade dese organismo.