Tambores, coplas de Entroido e caretas para pedir "unha solución xa" ás preferentes
Por Redacción
"Aquí de Caixanova non nos moverán. Ata que nos devolvan os nosos cartos non nos moverán". Ao ritmo desta canción, a golpe de tambores e armados con caretas. Así se presentaron estes martes os afectados polas participacioness preferentes e produtos subordinados do Salnés na sede de NovaGalicia Banco situada fronte á Casa do concello de Sanxenxo.
Os afectados, que manteñen un encerro no Concello de Sanxenxo dende fai preto de mes e medio, acudiron á sucursal para reivindicar "unha solución xa" para a súa problemática cun ánimo festivo característico das datas de Entroido nas que nos encontramos.
"Os tambores das preferentes gritan solución... xa... Non vamos parar ata os cartos recuperar", reclaman.
En relación cos actos do Entroido, os afectados do Salnés aplauden a decisión de que este ano o loro Ravachol sexa unha vítima máis das preferentes de 'Lobacaixagalicia' e anuncian unha asistencia masiva ao enterro/queima do emblema do entroido pontevedrés este sábado 16 de febreiro.
"Creemos que ya que el loro va vestido con la camiseta de las preferentes debemos ir a su entierro. Como vestimenta los hombres llevarán sombrero negro de copa y las mujeres deberían llevar un velo negro. Siempre ataviados con nuestras camisetas", anunciou o voceiro dos afectados do Salnés, José Manuel Vázquez.