1,4 millóns para a atención a persoas con discapacidade en centros de Juan XXIII
Por Redacción
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, anunciou este mércores que a Xunta de Galicia destinará este ano máis de 1,4 millóns de euros á asociación Juan XIII na provincia de Pontevedra.
Os fondos estarán dirixidos ao financiamento de prazas residenciais e de servizos dirixidos a persoas con discapacidade e ás súas familias que ten nos centros ocupacionais, de educación especial, de emprego e de día localizados en Marín, Cangas do Morrazo e Pontevedra; ademais dunha vivenda tutelada en Pontevedra.
O anunciou realizouno durante unha visita á entidade na que destacou o traballo que realiza en promover un contorno positivo onde as persoas con discapacidade intelectual vivan, aprendan e traballen; co obxectivo de aumentar así a súa calidade de vida.
Segundo os datos facilitados, a Consellería de Política Social mantén 166 prazas concertadas nos centros de Juan XXIII, que se distribúen da seguinte maneira: 108 prazas concertadas nos centros ocupacionais e outras 50 nos centros de día da entidade en Pontevedra e Cangas; e oito prazas nunha vivenda tutelada en Pontevedra.