Cotobade chega a un principio de acordo co Estado para comprar a Casa do Pobo de Corredoira
Por Redacción
O alcalde de Cotobade, o popular Jorge Cubela, alcanzou un principio de acordo con representantes do Ministerio de Traballo para que o Concello merque definitivamente a Casa do Pobo de Corredoira e se cedan estas instalacións aos veciños desta parroquia para a organización e celebración das súas actividades.
A Casa do Pobo de Corredoira pertence á Administración Xeral do Estado.
Cubela garantíu que "a operación pecharase seguro se o PP mantén o Goberno central", pero amosou as súas "serias dúbidas de que suceda o mesmo se se produce un cambio no executivo do Estado".
"Temo que o principio de acordo alcanzado quede en nada e se boicotee a operación se o PP non segue gobernando en Madrid, xa que en Cotobade sufrimos e estamos a sufrir moito sectarismo e bloqueo a proxectos de interese xeral por parte de administracións rexidas por outros partidos co único obxectivo de desgastar ao goberno local", explicou.
Relacionadas:
-
Acordo co Estado para comprar e rehabilitar a Casa do Pobo de Corredoira
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade pecha un acordo co Goberno para mercar a Casa do Pobo de Corredoira
Por Redacción |
-
Cubela anuncia a ampliación da Casa do Pobo de Augasantas para 2017
Por Redacción |
-
Cubela pecha cos veciños de Almofrei a rehabilitación integral da Casa do Pobo
Por Redacción |