Carlos Prado, pregoeiro das Festas do Carme
Por Redacción
As Festas do Carme de Marín, que encherán de propostas de lecer e diversión a vila do 9 ao 16 de xullo, xa teñen pregoeiro.
O encargado de abrir a semana grande será o xornalista marinense Carlos Prado, natural de Mogor, segundo informou o goberno local.
Carlos Prado, de 34 anos, desempeña actualmente o seu labor profesional na redacción de La Sexta Noticias, en Madrid, tras o seu paso durante máis cinco anos pola delegación de Galicia do mesmo medio de comunicación.
Licenciado en xornalismo e técnico superior en imaxe e son, Carlos é tamén coñecido pola súa faceta como realizador de curtametraxes, que lle valeu entre outras cousas ser nomeado aos premios Mestre Mateo pola curta Vellas ou para gañar varios premios a nivel nacional con outros dos seus traballos, realizados todos eles na contorna de Marín.
Relacionadas:
-
RADIO.- A Playlist de Carlos Prado: Entre Mogor e a Antártida... a ficción e a realidade
Por Marisa Ciordia |
-
O xornalista marinense Carlos Prado estrea 'Homes de xeo', un documental sobre a Antártida
Por Redacción |
-
Marín fai unha valoración "positiva" das Festas do Carme
Por Redacción |
-
Folclore e tradición completan o programa das Festas do Carme en Marín
Por Redacción |
-
Luz verde ás obras de acondicionamento da zona cedida polo Porto
Por Oskar Viéitez |