O luns comezan as clases na UNED
Por Oskar Viéitez
O luns día 15 comezan as clases do curso académico 2012-2013, no centro da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) de Pontevedra.
O inicio das clases será ás 16 horas.
Os alumnos poden consultar os días e horas das tutorías das asignaturas nas que están matriculados na web do centro.
Tamén o luns comezan as actividades do curso da UNED Senior, no primeiro cuatrimestre, que finaliza o 21 de febreiro de 2013.
A clase A Biosfera: pasado, presente e futuro comezará ás 18 horas.
Iníciase tamén o luns, as 17 horas, o curso de extensión universitaria Conversacións en inglés a través de situacións comunicativas reais.
A apertura da primeira aula da UNED en Vigo está máis preto.
O Concello de Vigo levará o mércores á Xunta de Goberno Local o texto final que se pactou co Centro Asociado en Pontevedra, baixo cuia dirección estará a escola viguesa.
O inicio das clases poderá producirse este mesmo mes no Centro Municipal de formación en Novas Tecnoloxías (CITIC), no Casco Vello.
O Concello de Vigo será o que aporte todos os fondos necesarios, que roldan os 100.000 euros ao ano, pero as decisións sobre coordinación e profesorado tomaranse desde Pontevedra.