Primeiros pasos nos despachos para a rehabilitación do edificio administrativo da rúa Benito Corbal
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia (DOG) deste mércores publica o anuncio da licitación para a redacción do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación do edificio administrativo na rúa Benito Corbal, na cidade de Pontevedra.
Este contrato da Consellería de Infraestruturas e Vivenda licítase por un importe de 62.500 euros e prevese un prazo de execución de 6 meses. A data límite para a presentación de ofertas será o vindeiro día 21 de xullo, é dicir de 15 días naturais dende o día seguinte a súa publicación no DOG.
Entre as principais novidades, a remodelación integral do inmoble incluirá a substitución da fachada por un revestimento de aluminio. Isto servirá para rematar cos problemas de humidade que afectan ás paredes, fiestras e cuberta do edificio. Tamén se substituirá a carpintería metálica por outra con dobre acristalamento.
O inmoble manterá os tres accesos dende a rúa, que agora pasarán a ser totalmente accesibles. Ademais, cambiaranse os catro ascensores de catro prazas –ningún deles accesible- por dous ascensores de oito prazas, facilitando o seu uso a persoas con mobilidade reducida. Unha vantaxe máis deste cambio é que se gañará espazo útil.
Relacionadas:
-
Apoio ao programa de doutoramento do Campus CREA S2i
Por Oskar Viéitez |
-
O edificio da Xunta en Benito Corbal abre as súas portas para un 'recoñecemento'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Unha pel de aluminio e un corazón social para o edificio de Benito Corbal
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |