Benito Corbal será peonalizada cando o Concello dispoña de recursos económicos
Por Alejandro Espiño
A peonalización do treito final de Benito Corbal, entre as rúas Sagasta e Cobián Roffignac, segue entre os plans prioritarios do Concello de Pontevedra. Levarase a cabo, segundo o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, en canto o goberno municipal dispoña de recursos económicos para poder executar esta actuación.
"ÿ unha idea que segue enriba da mesa", explicou Antón Louro, tras avanzar que precisamente esa peonalización foi unha das peticións realizadas pola asociación de comerciantes Zona Monumental de Pontevedra na reunión que mantivo coa súa nova directiva, á fronte da cal seguirá, catro anos máis, o empresario Miguel Lago.
Precisamente, Miguel Lago, con respecto a este proxecto de reforma urbana, indicou que as beirarrúas da rúa Benito Corbal "no dan abasto ya para el número de peatones que transitan por ellas". Por iso, avogou por unha remodelación que permita que a rúa sexa "una chimenea que empuje a la gente hacia el centro histórico, empezando por la calle Michelena".
Peonalizar o tramo máis comercial de Benito Corbal é unha vella aspiración do goberno local de Pontevedra. Esta actuación xa estaba recollida no Plan de Tráfico e Mobilidade encargado polo Concello. Nel, determinábase ademais que o resto da rúa, entre o Hospital Provincial e Sagasta, mantería un único carril de circulación en dirección ao centro da cidade.