Denuncian "escurantismo" e "sospeitas de desaparicións ou destrozos" nos fondos do Museo
Por Redacción
A asociación Amig@s da Cultura de Pontevedra denuncia que "existe un escurantimo que enche de sospeitas" a xestión dos fondos arqueológicos custodiados polo Museo Provincial. Non apunta a ningunha persoa ou institución directamente, pero si se refire á "institución que debe velar polo noso patrimonio histórico", isto é, o Patronato do Museo.
Consideran que "é necesario poñer luz e taquígrafos sobre este tema, debe facilitarse un inventario público e oficial dos fondos do Museo, actualizalo permanentemente e, no seu caso, responder por posibles desaparicións ou destrozos" dos fondos arqueológicos.
Dentro das críticas realizadas, esta asociación indica que "non considera positiva a perda de autonomía do Museo e o seu control político directo pola Deputación do PP de Louzán" e denuncia que se trata de "un control político que xa se está manifestando na presión sobre o persoal que non se pliega totalmente ás directrices do PP".
Amig@s dá Cultura difundiu un comunicado no que recomenda que "se deben dar facilidades ás e ós investigadores, por exemplo, nos horarios de acceso á biblioteca e demais servizos (que só abren martes e venres pola mañá), iso si, mantendo ou conttrol sobre vos fondos que se utilizan ou prestan".
O resto das súas críticas céntranse á programación de exposicións do Museo de Pontevedra, onde habitualmente hai exposicións que "nada teñen que ver coa difusión da nosa historia e a nosa identidade, máis ben ao contrario (recordamos a penosa exaltación do militarismo español unha exposición fai uns meses). Por non falar da cesión das súas instalacións en favor de colectivos reaccionariso e anti galegos como Galicia Bilingüe".
Para terminar coa súa análise da situación do Museo Provincial, dan un consello. Recomendan "a súa conversión nun museo arqueolóxico digno de tal nome, onde se expoña de xeito permanente e rigorosa o máis destacado do patrimonio histórico que o noso museo custodia". "Esta sería unha boa forma de facer do Museo de Pontevedra a institución ao servizo do pobo galego que debese ser", indican.