Para o PP provincial, a Deputación está comandada por "un goberno de urbanitas"
Por Diego Espiño
O grupo provincial do Partido Popular fixo este luns balance do ano de goberno bipartito PSOE-BNG na Deputación, un ano no que a institución "cambiou para peor", asegura Nidia Arévalo.
A voceira do PP acusou aos actuais mandatarios provinciais de ser "un goberno de urbanitas, porque non hai máis que ver que a metade do goberno son concelleiros de Vigo e Pontevedra", o que para eles "denota que non coñecen a provincia, non coñecen a realidade que é o rural e son os pequenos concello que necesitan apoio".
Acompañada doutros deputados do seu grupo, Arévalo defendeu que a actividade do actual goberno pode resumirse, en relación á presidenta Carmela Silva, en "unha cruzada persoal contra Rafael Louzán", mentres o vicepresidente César Mosquera "pode facer un resumo deste ano de goberno co plan compost".
Para os populares as do anterior goberno da Deputación eran "o turismo, a cultura, o deporte e o apoio aos pequenos concello", aspectos todos eles nos que ao seu xuízo "Pontevedra sufriu un grave retroceso".
Xunto a Nidia Arévalo interveu outro dos portavoces do grupo, Ángel Moldes, quen criticou a composición do goberno cualificándoa como "unha sección do Concello de Vigo".
Relacionadas:
-
A Carmela Silva as propostas "asamblearias" de Nidia Arévalo resúltanlle "ridículas"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP defenderá no pleno un novo modelo para o Plan Concellos
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva chama "primo de Zumosol" a Rueda por participar nun acto de protesta do PP contra a Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
"Algún erro cometeriamos, pero non se me ocorre ningún". Primeiro ano da nova Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |