Salcedo celebra por segunda vez a súa Festa da Veciñanza Comuneira
Por Redacción
As instalacións do campo de fútbol do Casal acollerán o próximo domingo 31 de xullo a segunda edición da Festa da Veciñanza Comuneira de Salcedo, un evento lúdico organizado pola comunidade de montes da parroquia.
Os comuneiros da zona animan a todos os veciños a participar nesta xuntanza, xa que poden acudir tamén aqueles que non sexan propietarios de montes.
Os vales para o xantar están á venda no local da comunidade de montes ata este martes 26 de xullo, de 20 a 22 horas. Este xantar, que terá lugar ás tres da tarde, é a actividade principal desta festa.
Con todo, a programación iniciarase ás 10.30 horas coa primeira edición da MiniBTT polo Monte San Martiño. Ás doce do mediodía terá lugar a inauguración dun monolito en agradecemento a todas as persoas que se manifestaron en defensa do monte comunal de Salcedo no seu conflito coa Brilat pola titularidade dos terreos.
Haberá ademais xogos tradicionais durante todo o día, así como postos de venda de produtos artesanais. Durante a xornada, un grupo de música tradicional amenizará o día e, tras a sobremesa, haberá cantos de taberna.
Relacionadas:
-
O orgullo de ser comuneiro volver ser unha festa en Salcedo
Por Redacción |
-
Salcedo volve festexar o orgullo de ser comuneiro no antigo campo de tiro da Brilat
Por Diego Torrado |
-
Os comuneiros recrearán unha aldea neolítica nos montes de Salcedo
Por Oskar Viéitez |
-
Malestar nos comuneiros de Salcedo polos estragos nas súas plantacións
Por Alejandro Espiño |
-
Defensa e os comuneiros asinan a paz, tras cinco anos de conflito polos terreos ocupados pola Brilat
Por Anxo Lourido |