Primeiros pasos para crear unha rede de vías ciclistas na provincia
Por Diego Espiño
A Deputación de Pontevedra acolleu este mércores unha reunión para sentar as bases da Mesa da Mobilidade Ciclista, na que estiveron presentes colectivos como Arousa en Bici, Pedaladas, A Golpe de Pedal Vigo, Bicicleando e Rururban.
A intención pasa por "crear uns itinerarios nos que a mobilidade ciclista poida servir por unha banda como uso cotiá na mobilidade de todo o mundo e por otutro como un factor atraínte en canto a turismo ou lecer", declarou tras o encontro o deputado Uxío Benítez.
Trátase dunha "primeira toma de contacto" que terá continuidade no mes de setembro, cando convidarán a unirse á iniciativa á Xunta de Galicia e á Dirección Xeral de Tráfico xa que a súa colaboración resulta imprescindible no proxecto.
O encontro foi cualificado como "tremendamente positivo" polos colectivos ciclistas, xa que "abre o camiño para modernizarnos", explicou Quique Pérez, representante de Pedaladas.
Para as asociacións de ciclistas é necesario desenvolver o proxecto EuroVelo, que crea vias ciclistas aos longo do continente, e "entrar en Europa no tema da bicicleta e logo vertebrar a comunicación entre municipios, ademais de mellorar a seguridade viaria".
A Mesa da Mobilidade Ciclista traballará desde setembro coa intención de "pasar a un novo modelo no que imos apostar preferentemente na mobilidade peonil e ciclista", completou Uxío Benítez tras a reunión.
Relacionadas:
-
A Deputación presenta candidatura para ter un itinerario cicloturista homologado de 303 quilómetros
Por Oskar Viéitez |
-
Pedaladas pide axudas para que nenos con discapacidade teñan unha bici adaptada
Por Redacción |
-
Piden a Tráfico aumentar os radares nas estradas con maior presenza de ciclistas
Por Alejandro Espiño |
-
50 coches, 50 bicicletas, 50 peóns ou un autobús. Quen ocupa máis?
Por Redacción |
-
Covelo e Raxó estarán unidas por unha senda para peóns e ciclistas
Por Oskar Viéitez |
-
Os técnicos provinciais estudarán a viabilidade dun carril-bici para unir Pontevedra e Combarro
Por Redacción |
-
Propoñen vías ciclistas para enlazar Pontevedra con Marín, Combarro e con Ponte Sampaio, pola antiga vía do tren
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada