Un campo de fútbol "social e economicamente rendible" para Cerponzóns
Por Diego Espiño
O novo campo de fútbol de Chan do Monte, en Cerponzóns, está máis preto de ser unha realidade tras a presentación do proxecto construtivo elaborado pola firma de arquitectos Santos | Mera.
Os técnicos municipais tramitan xa este proxecto coa intención de licitar as obras "o antes posible", sinalou Demetrio Gómez, concelleiro delegado da parrpquia.
En total o Concello investirá nesta nova instalación 1.027.893 euros coa intención de que sexa "social e economicamente rendible" e que se converta "nun polo de atracción non só polo deportivo, senón pola excelencia arquitectónica".
Na presentación do proxecto explicáronse os detalles da obra, que habilitará un terreo de xogo de herba sintética de 105x63 metros "coa cualificación FIFA Quality". Ao ancho do mesmo delimitaranse dous campos de fútbol-7.
En canto á infraestrutura, habilitaranse dous novos edificios. Por unha banda construiranse vestiarios, derrubando os antigos e trasladándoos á zona de entrada ao recinto, un edificio de case 400 metros cadrados en formigón e parede de vidro no que se habilitarán dous almacéns, enfermería, catro vestiarios para os xogadores e dous máis para os árbitros, coa intención de "que se poida utilizar non stop', explicou Demetrio Gómez.
Ademais derrubarase a actual cantina para contruir unha nova nun edificio no que tamén estarán os aseos e o acceso para o público, mentres a bancada estará situada nun dos fondos.
O proxecto do novo campo de fútbol de Cerponzóns establece que, unha vez adxudicadas, o prazo de execución das obras será de aproximadamente seis meses.
Relacionadas:
-
Cerponzóns agarda ter novo campo de fútbol de herba sintética antes de fin de ano
Por Redacción |
-
Cerponzóns terá un núcleo de centralidade no ámbito do seu centro social
Por Redacción |
-
Ultiman os proxectos dos campos de fútbol de Cerponzóns e Santa María de Xeve
Por Alejandro Espiño |
-
O novo campo de fútbol de Xeve, pensado para ter un "uso continuo"
Por Diego Espiño |
-
Nove empresas optan ao contrato para renovar o céspede sintético da Xunqueira
Por Redacción |
-
O campo da Xunqueira será renovado de forma integral
Por Alejandro Espiño |
-
Contratan os arquitectos Santos e Mera para a reforma dos campos de fútbol de Cerponzóns e Xeve
Por Redacción |