O BNG denuncia que o Goberno "saca unha norma disparatada que nin no franquismo" para manter a ENCE na ría
Por Redacción
Mañá debátese en comisión parlamentaria a nova lei de Costas. Unha lei que, segundo denuncia o Bloque Nacionalista Galego a través da deputada Olaia Fernández e do concelleiro pontevedrés César Mosquera, pretende a desprotección xeralizada do dominio público marítimo terrestre.
Neste sentido, o BNG lamenta que na proposta do Partido Popular non se cite aos núcleos rurais senón só aos urbanos no litoral. Os nacionalistas presentarán unha enmenda para que se teñan en conta estes espazos como os que existen en Vilaboa ou Marín nos que, en numerosas ocasións, se combinan actividades pesqueiras con agrarias.
Ademais, o BNG entende que o Partido Popular está "cedendo á presión de empresas como ENCE para permitir que se consolide máis alá de 2018 e se prolongue ata 75 anos máis" e neste sentido, a parlamentaria Olaia Fernández apuntou que o PP presentou unha enmenda no que o goberno poderá facer caso omiso ás decisións da Administración Autonómica sobre a presenza de empresas no litoral.
Neste sentido, o concelleiro César Mosquera indicou que "a lei é algo disparatado e supón un retroceso que nin no franquismo porque establece que os terreos degradados poden ser sacados do dominio público terrestre".
La Ley de Costas, según manifestó la diputada nacionalista, "forma parte dunha actitude filibustera, vai debaterse en comisión e non vai ir a pleno. Só se debatirá en pleno se se presenta algunha enmenda no Senado".