O Concello non prorrogará o contrato de Viaqua para sacar unha nova concesión do servizo de auga
Por Redacción
En febreiro de 2017 finaliza a concesión de 20 anos da actual empresa encargada da xestión do servizo de abastecemento de auga potable e da rede de saneamento, Viaqua.
O Concello de Pontevedra non vai prorrogar este contrato, segundo anunciou o portavoz municipal Raimundo González debido a que a normativa comunitaria cambiou durante os últimos anos e a licitación desta obra levaría un investimento dun mínimo de 15 millóns de euros para completar as redes de saneamento e de abastecemento de auga en distintos puntos do municipio, xa que actualmente a rede afecta só a parroquias como Lourizán, Lérez ou Mourente porque a presión do servizo é insuficiente para ofrecer auga a outros puntos.
O concelleiro sinalou que desde o goberno local agárdase que en febreiro de 2017 estea xa licitado e adxudicado este servizo, pola contra prorrogaríase uns meses máis o actual contrato con Viaqua, unha empresa que tamén pode optar ao concurso e da que Raimundo González sinalou que o Concello atópase satisfeito da xestión que está a desenvolver na actualidade.
O importe de adxudicación será o mesmo que o actual ou mesmo pode rexistrarse á baixa a cifra de cinco millóns de euros anuais que recibe a empresa encargada da xestión do servizo.
Relacionadas:
-
Pontevedra prorroga o contrato de Viaqua para o servizo da auga
Por Oskar Viéitez |
-
O novo contrato da auga incluirá máis prestacións para compensar o seu alto custo
Por Alejandro Espiño |
-
O saneamento do rural completarase con cargo ao novo contrato da auga
Por Alejandro Espiño |
-
Preparándose para cando cheguen as choivas, que chegarán
Por Oskar Viéitez |
-
Rescatará Pontevedra os servizos de auga e recollida de lixo?
Por Alejandro Espiño |