Ábrenlle a cabeza tras rifar un mendigo dentro da Basílica de Santa María
Por Redacción
Un mendigo que estaba a pedir esmola no interior da basílica de Santa María rematou o domingo día 17 nos calabozos da Comisaría da Policía Nacional por supostamente abrir a cabeza a un home que lle recriminou os seus malos modos á hora de dirixirse aos feligreses.
O home ten 39 anos e antecedentes policiais e carece de domicilio, é un 'sen fogar'. Foi detido como suposto autor dos delitos de lesións e ameazas sobre as 18.00 horas do domingo e, tras pasar a noite nos calabozos, será posto a diposición xudicial.
Tras recibir unha chamada na central da Comisaría alertando dunha pelexa, unha patrulla da Policía Nacional desprazouse ata o lateral da basílica situado cara á avenida de Santa María e viron o detido tratando de agredir e ameazando a outro home.
Os axentes mediaron na discusión e evitaron que a agresión continuase, pero cando chegaron a suposta vítima xa tenái unha ferida aberta na cabeza pola que tivo que ser traslado ao Hospital Domíguez e que necesitou para a súa curación de varios puntos de sutura.
O suposto agresor foi detido e a investigación policial determinou que a agresión comezou porque supostamente o arrestado estaba a pedir esmola no interior da basílica aos fregueses de malos modos. A súa vítima pediulle que deixase de importunar e comezou a agresión, que se produciu xa no exterior do templo.