Botádeme unha manciña!
Por Diego Torrado & Marisa Ciordia
Botádeme unha manciña!, Ou varias! porque no festexo deste sábado 13 boa falta fixeron. Isto do toureo, como outras tantas circunstancias na vida, é cousa de dous. E non é cuestión unicamente de presenza, que a había, senón tamén de esencia; que foi o que lle faltaba ao encerro de Torrehandilla. Os dous toureiros debutantes fixeron da profesión virtude, pero aposto a cabalo gañador, a que non resultou a tarde que esperaban. Falando de cabalo gañador, e de xinete, Diego Ventura, tivo máis sorte co lote de Ángel Sánchez.
Añejo, Fino, Ritz e Remate completaron o trío necesario para a faena do "rejoneador" Diego Ventura no primeiro touro da tarde. "Rejones" de castigo, con permiso, a touro algo pasado; e os traseiros do branco Fino tinguidos de vermello, no segundo terzo por axustar en exceso a distancia co hastado. Tamén foi mala pata!, ou mala man, que a tarde ía diso; "Boticario" rompeu a man dereita en banderillas. Caía tras o segundo "rejón" de morte e saíu no arrastre sen un apéndice. No seu segundo, Ventura acompañouse de Bronce, Soño, Romeo, Chalana e de novo o albino Remate. Conseguiron os aplausos do público cos seus abalos, algún piafé, galopes de costado e piruetas ao galope. Volveu requirir dous "rejones" de morte, e de novo cortou unha orella que lle abría a porta grande. Por certo, estou a pensar nas voltas ao rodo, que socorridos resultaron os ramos de flores repartidos durante o pregón para que fosen ofrecidos á Peregrina.
E este é López Simón? preguntábanse algúns entre o público. Non, Alberto López Simón fixo o que puido e máis. Un debutante que non brindaba o seu primeiro touro en Pontevedra, é un síntoma evidente de algo non vai ben; por se non se notou xa suficientemente coas caídas ante en varas e en banderilas do astado. A pesar diso, levantou muleta e espremeu todo o que puido a "Bolseiro". O seu esforzo compensouse cunha orella. No quinto da tarde, si fixo o brinde ao respectable, pero o negro mulato de Torrehandilla tiña a mesma debilidade que os seus irmáns, unha flojedad que nin os pasodobres da banda de música podían disimular.
O máis novo da terna, Álvaro Lorenzo, debutou saíndo aos ombreiros pola porta grande. O destro toledano, ao que o público pontevedrés xa coñece de campero, estreábase de luces no coso pontevedrés. Tampouco se atreveu ao brinde no terceiro da tarde. Vendo como "Esquiador" non lle ía a "botar unha manciña"; a pesar diso, tirou do seu clasicismo nesta arte e acertou co aceiro. Cortou a primeira orella e repetiu atino, ganas e man esquerda no último do festexo. A merecida porta grande abriuse para o toledano.
FICHA DO FESTEXO:
Praza de touros de San Roque, Pontevedra. Sábado 13 de agosto do 2016, segundo festexo da feira taurina de la Peregrina. Algo menos de media entrada.
TOUROS DE ÁNGEL SÁNCHEZ, TORREHANDILLA - TORREHERBEROS: Ángel Sánchez, encaste Murube (divisa blanca, encarnada e verde. Sinal, punta de espada en ambas orellas). Boticario, negro de 490 kilos e Ranito, negro de 500 kilos. Torrehandilla (divisa roja. Sinal: punta de espada en ambas orellas) , procedencia Jandilla. Entre 485 y 500 kilos, dous xaboneros e dous negros mulatos. De boa presenza pero faltos de forza.
DIEGO VENTURA: Orella e volta ao rodo no primeiro (dous "rejones" de morte) e orella e volta ao rodo no segundo (dous "rejones de morte"). Saída aos ombreiros pola porta grande.
ALBERTO LÓPEZ SIMÓN: Orella e volta ao rodo tras o primeiro, (unha estocada enteira); media estocada no segundo, aplausos.
ÁLVARO LORENZO: Orella e volta ao rodo tras o primeiro, (unha estocada enteira); orella e volta ao rodo tras o sexto (estocada enteira). Saída aos ombreiros pola porta grande.
Relacionadas:
-
Reencontro e aniversario histórico para a segunda tarde da Feira Taurina da Peregrina
Por Marisa Ciordia |
-
"Barquerito" sumarase aos dous carteis restantes da Feira da Peregrina
Por Marisa Ciordia |
-
O man a man entre os irmáns Rivera Ordóñez, estrela do cartel de touros da Peregrina
Por Ramiro Espiño |
-
Así viviron as peñas os festexos taurinos dentro da praza
Por Diego Torrado |
-
Por falta de xenerosidade que non sexa
Por Diego Torrado & Marisa Ciordia |
-
Tres foron tres (orellas) e ningún (touro) era bo
Por Marisa Ciordia & Diego Torrado |