Antitaurinos saen á rúa na manifestación máis numerosa en sete anos
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
Apoios á manifestación antitouradas 2016
Persoas e colectivos antitaurinos protagonizaron este sábado a manifestación máis numerosa de todas as que levan celebrado en Pontevedra en pro do abolicionismo das touradas. Máis dun millar de persoas, segundo os organizadores, percorreron as rúas do centro baixo o lema: "A tortura non é arte nin cultura".
A manifestación foi a máis numerosa en canto a asistencia, pero tamén en canto a colectivos que a apoiaron. Segundo os datos facilitados polos organizadores, Touradas fóra de Pontevedra, recibiron o apoio de 116 entidades, 21 máis que no ano 2015 e un crecemento exponencial desde a primeira das súas manifestacións hai sete anos. No ano 2009 tan sólo recibiran o respaldo de 14.
Touradas fóra de Pontevedra leva traballando desde o mes de xuño para recoller estes apoios e destaca que "a loita antitouradas cada día está máis presente no traballo de colectivos e organizacións que conforman o tecido social deste país". Na lista de apoios están protectoras e refuxios de animais, veterinarias, partidos políticos, organizacións xuvenís, organizacións ecoloxistas, bandas de música, colectivos animalistas, sindicatos, clubes deportivos e asociacións culturais.
Pese a "ser un colectivo autoxestionado e con poucos recursos para a difusión", aseguran que conseguiron influir nos programas electorais das formacións políticas municipais e que Pontevedra fora declarada "cidade libre de circos con animais". Aplauden tamén que a Deputación declarara provincia de Pontevedra como "territorio libre de touradas" e suprimira as subvencións ao empresariado taurino e á Coordinadora de Peñas Taurinas.
Nesa loita tamén aplauden que se teña producido un debate arredor do convenio que asina o Concello de Pontevedra coa empresa propietaria da praza de Pontevedra para o uso das instalacións ao longo do ano e sobre a supresión das touradas no programa de festas da Peregrina, pero neste case anuncian que van a seguir loitando ata que non se lles aporte cartos municipais aos empresarios taurinos.
Relacionadas:
-
Mocións contra as touradas en todos os concellos de Terras de Pontevedra
Por Redacción |
-
Diana López Varela, pregoeira da manifestación antitouradas 2017
Por Redacción |
-
Carme da Silva: "Sería a persoa máis feliz se deixase de haber touradas en Pontevedra"
Por Natalia Puga |
-
Un 'photocall' como aperitivo á manifestación antitaurina
Por Redacción |
-
Touradas fóra de Pontevedra 'ficha' á actriz Mayka Braña para a súa manifestación do 13 de agosto
Por Redacción |
-
20 colectivos e 45 persoeiros da cultura, a arte e a educación asinan un manifesto contra as touradas
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Animalistas lamentan que o BNG goberne para a "minoría taurina"
Por Redacción |
-
82.000 firmas en Change.org non farán que o Concello renuncie o contrato coa praza de touros
Por Redacción |
-
Poñen en marcha unha campaña de 'crowdfunding' para pagar dous valos publicitarios antitaurinos
Por Redacción |