Denuncian graves danos en leiras de Marcón pola entrada de porcos bravos
Por Redacción
Veciños da Hermida na parroquia pontevedresa de Marcón denuncian que están a sufrir danos graves nas súas leiras debido á presenza de porcos bravos durante as noites que arramblan con toda a colleita.
Estes veciños sinalan que estes animais salvaxes percorren a estrada entre Pontevedra e Ponte Caldelas durante o día e a noite. Os xabarís entran en diferentes leiras privadas de cultivo provocando perdas. Indican que non é a primeira vez e todas as queixas que se trasladaron á Xunta de Galicia non teñen consecuencias porque os propietarios non están rexistrados como agricultores.
María Jesús, unha destas propietarias afectadas, sinala que a administración non lles compensa por estes danos a pesar de gastar diñeiro en semente de millo, rega ou maquinaria.
Reclaman da Xunta de Galicia que actúe contra os porcos bravos acoutándoos en zonas e evitando que poidan entrar nas propiedades privadas.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara: Por que raposos, xabarís ou lobos están a penetrar nas cidades?
Por Marisa Ciordia |
-
Queixas en Cerponzóns polos danos que causan os xabarís nos cultivos
Por Redacción |
-
Dos porcos vietnamitas de George Clooney aos "porcolís" que arrasan as plantacións de Vilaboa
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Veciños da Ermida, en pé de guerra contra o xabaril
Por Alejandro Espiño |