Unha noite para desmitificar os morcegos no Gafos
Por Redacción
O río dos Gafos será o escenario na noite do próximo sábado 27 de agosto dunha xornada para dar a coñecer os morcegos e desmitificar falsas lendas que se lle atribúen, con motivo da Noite Europea dos Morcegos.
Será a partir das 21.30 horas na zona da estación de autobuses de Pontevedra e consiste nunha xornada de captura, estudio e explicación das caracteristicas destes animais por parte da asociación Drosera, especializada no estudo destes mamíferos.
Segundo explican os organizadores, o programa inclúe actividades de detección e identificación de morcegos con detector de ultrasóns, visualización e identificación dos ultrasóns dos morcegos coa axuda de programas informáticos e identificación dos morcegos en man e a toma de datos biolóxicos.
Así, os participantes poderán escoitar os seus sons mediante aparatos de ultrasons e disfrutar da sensación de telos na man. Para participar, haberá prazas limitadas, de modo que as persoas interesadas deberán inscribirse previamente.