Traballadores de Elnosa toman o balcón do antigo Concello para reclamar a continuidade
Por Redacción
Un grupo de representantes sindicais de Elnosa realizaron unha protesta no balcón do edificio do Concello situado na praza de España. Alí reiteraron a reclamación de que a factoría da electroquímica permaneza en Lourizán máis aló de decembro de 2017 cando finaliza a concesión.
"O acto de hoxe foi para demostrar que podemos poñer unha pancarta non Concello igual que eles fixeron antes na nosa contra", indicou Avelino García en referencia á pancarta exposta polo grupo de goberno en contra do complexo industrial de Lourizán. O presidente do comité de empresa confirmaba que a dirección da fábrica recorrerá por vía xudicial a negativa do Concello a aceptar o PERI que se presentou para unha posible continuidade da factoría na súa actual localización.
En todo caso, esta judicialización non ofrece garantías para os traballadores xa que o proceso pode estenderse ao longo de varios anos mentres que a fábrica conta cun tempo límite de 16 meses.
Por este motivo, reclaman da Xunta de Galicia a declaración de supramunicipalidade, igual que sucedeu no caso de Ence. A través de CC.OO. Industria de Galicia os traballadores solicitaron entrevistas con conselleiros para reclamarlles esta solución do mesmo xeito que se tramitou no seu momento coa fábrica de celulosa: "Por que a nós non? Porque somos máis pequenos?" sinala Avelino García insistindo en que esta situación é un problema político que non van permitir que finalice coa perda dos seus postos de traballo.
A empresa portuguesa CUF, propietaria da fábrica de Pontevedra, mantén as súas conversacións para adquirir a fábrica de Torrelavega, segundo indicou o representante sindical. Con todo, aos traballadores de Lourizán aínda non se lles ofreceu unha alternativa no caso de que a empresa non poida continuar na súa actual localización.
Relacionadas:
-
CC.OO. Galicia insta a Elnosa e ás administracións a adoptar as medidas necesarias para garantir a continuidade en Lourizán
Por Redacción |
-
Ence, 60 anos máis en Lourizán; Elnosa, mantense á espera
Por Mónica Patxot & Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
En Marea pregunta ao Goberno pola prórroga da autorización ambiental a Elnosa
Por Redacción |
-
A APDR convoca unha concentración fronte a sede provincial do PP pola prórroga a Elnosa
Por Redacción |
-
Traballadores de Elnosa e do Parque de Maquinaria fanse oír no mitin do BNG
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O comité de empresa de Elnosa pide á Xunta a supramunicipalidade para salvar a factoría
Por Anxo Lourido |
-
O Concello non admite a trámite a solicitude do PERI de Elnosa e insiste en que está fóra de ordenación
Por Natalia Puga |