Homenaxe aos voluntarios da Redeaxuda
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Durante 2012, numerosas asociacións e colectivos pontevedreses colaboraron a través da plataforma de axuda Redeaxuda para atender as necesidades básicas dunha parte da poboación da comarca. Ao longo do pasado ano trasladaron recursos para realizar un labor social e humanitario fundamental para o Concello de Pontevedra.
Para agradecer esta actividade altruista, o alcalde Miguel Fernández Lores e a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Fouces, ofreceron unha homenaxe a arredor de oitenta voluntarios que forman parte de eses colectivos que veñen realizando ese traballo solidario nestes tempos de crise. O acto tivo lugar no vestíbulo do Pazo da Cultura e contou coa itnervención da Banda de Música Municipal.