O concurso de patrullas Tui-Santiago segue batendo récords: 120 quilómetros e 7 probas en menos de 22 horas
Por Natalia Puga
O concurso de patrullas Tui-Santiago organizado pola Brigada de Infantería Lixeira (Brilat) segue batendo récords 15 anos despois do seu comezo. Na edición deste 2016, o primeiro dos equipos en completar os 120 quilómetros de percorrido e as sete probas de habilidade expostas pola organización chegou á praza do Obradoiro da capital galega en menos de 22 horas.
Os primeiros en chegar foron os seis integrantes da patrulla do Terzo Sur de Infanteria de Mariña da Armada, que completou a misión ás 5.50 horas da mañá deste xoves tras saír ás 8.00 horas. O récord quedara establecido o ano pasado ao chegar a primeira patrulla pouco despois das seis da mañá.
Ás 6.46 chegou a patrulla de de o Rexemento Isabel a Católica 29 da Brilat e ás 7.06 horas a de Artillería (GACA VII) tamén da Brigada. A partir de aí foron chegando progresivamente o reto dos equipos e ás 11.00 horas xa completaran o concurso 14 das 22 patrullas. Entre as oito restantes estaban as dos catro exércitos estranxeiros que participaron este ano no certame, Gran Bretaña, Bélxica, Portugal e Francia.
A orde no que chegan as patrullas a Santiago non é necesariamente o resultado final do concurso, pois na clasificación global tamén hai que ter en conta o resultado das sete probas realizadas ao longo do percorrido -tiro de precisión, percorrido cronometrado, percorrido topográfico, pista de aplicación, salto de rápel, paso de río a nado e lanzamento de granadas- e posibles descontos ou amoestacións. Ademais, tense en conta que todos os integrantes da patrulla cheguen a destino, de modo que haberá algúns dos equipos que non gañarán, pois ao longo dos 120 quilómetros hanse produdicido varias baixas por problemas como escordaduras.
O resultado final do concurso coñecerase nas próximas horas e este venres 9 de setembro aínda queda pendente o acto de clausura da actividade e a entrega de premiso. Será ás 11.00 horas na praza do Obradoiro e, ao terminar, os militares asistirán á Misa do Peregrino.
Relacionadas:
-
O concurso de patrullas da Brilat volve romper os cronómetros: de Tui a Santiago en 20 horas
Por Natalia Puga |
-
Peregrinos de verde... militar
Por Natalia Puga |
-
O concurso Tui-Santiago da Brilat reunirá 21 patrullas de España e Portugal
Por Natalia Puga |
-
Avanzan os preparativos para a celebración do 50 aniversario da Brilat
Por Redacción |
-
De Tui a Santiago pisando o acelerador (militar)
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O concurso Tui-Santiago da Brilat avanza cara á súa internacionalización con catro patrullas estranxeiras
Por Natalia Puga |