Benvido, señor alcalde!
Por Alejandro Espiño
- "ÿ difícil o seu traballo?", pregunta unha nena duns dez anos.
- "Un pouco", responde o alcalde. "Pero estudar tamén é difícil".
- "Si!!!", afirma ao unísono a súa audiencia.
Era unha das cuestións que máis interesaban aos alumnos de 4º de Primaria do colexio Álvarez Limeses sobre o traballo dun alcalde. E quen mellor que o seu, Miguel Fernández Lores, para resolver todas as súas dúbidas. Foi o invitado de excepción de 25 nenos e nenas cos que o alcalde carteouse hai semanas. Eles suscitaron as súas preguntas e as súas peticións e, tras respondelas, Fernández Lores comprometeuse a visitalos.
E dito e feito. O alcalde de Pontevedra enfrontouse sen dubidalo a un interrogatorio sobre o seu traballo, non exento dalgunha que outra crítica ou reproche. Pero o que quedou claro é que, mentres que aos adultos preocúpannos temas como o paro, a crise ou a corrupción, as prioridades e intereses dos máis pequenos diríxense máis cara ao medio ambiente, o coidado dos animais, o lecer ou a solidariedade.
"Me gustaría que pusieran un zoo en Pontevedra". Foi a primeira suxestión, repetida posteriormente por outro dos nenos, que recibiu Fernández Lores. "Gustaríame, pero non pode ser. Prefiro que os animais estean libres e ademais sería moi caro", contestou o alcalde, que se adiantou a outra dos desexos dos seus oíntes. "E un aquapark tampouco". A algún deles escapóuselle unha exclamación que denotaba certa decepción.
Pero foron sen dúbida cuestións máis cotiás as que máis interesaron aos máis pequenos, desde a instalación dun contenedor de reciclaxe á porta do colexio, á limpeza dunha parcela en Amado Carballo "donde hay culebras", explicaba unha nena, á construción de máis parques e zonas verdes ou a preocupación doutra das alumnas porque haxa máis albergues para os sen teito.
Iso si, quen sabe se porque algún ten interese en chegar a ser alcalde ou alcaldesa de Pontevedra, foron moitos os que interrogaron a Miguel Fernández Lores sobre as condicións do seu traballo. "¿Te gusta tu trabajo?", preguntaba un dos nenos. "Moito", respondía o alcalde. "Pero non creades que mando moito. En teoría son o que mando, pero non é verdade. Hai xente comigo que manda moito".
"ÿ complicado porque non todo o mundo está de acordo en como facemos as cousas", explicaba Fernández Lores á súa atenta audiencia. A todos eles sorprendeulles saber que o alcalde apenas ten tempo "de estar tranquilo coa familia" e, sobre todo, que as súas vacacións fosen moi escasas, "un par de días no verán, as festas e pouco máis". Por iso é polo que non sorprendese escoitar un "pues vaya rollo", entre os seus entrevistadores.