Os xubilados de CC.OO.: "No revalorizar las pensiones es social y moralmente inaceptable"
Por Redacción
"Non revalorizar as pensións é social e moralmente inaceptable". Así o denuncian os xubilados e pensionistas de CC.OO. e así fixéronllelo chegar ao Instituto Nacional da Seguridade Social en Pontevedra nunha serie de escritos entregados na oficina situada na rúa Gagos de Mendoza.
Preto de medio centenar de xubilados e pensionistas concentráronse ante a citada oficina para entregar uns 70 documentos e reclamar o pagamento da revalorización das súas pensións. Un dos voceiros, José Mato, explicou que reclaman "todos nuestros atrasos teniendo en cuenta el IPC del 2,9%, incluyendo este aumento en las pensiones correspondientes al año 2013, por lo cual presentamos muchas reclamaciones a la Seguridad Social".
Así mesmo, chamaron a atención sobre unha das consecuencias da crise económica agudizada por esta falta de poder adquisitivo nas súas pensións, pois xa antes da crise non lles chegaba a pensión "por lo que ahora la cosa esta mucho peor".
"Se están viviendo situaciones especialmente dramáticas entre una cantidad enorme de jubilados que estamos ayudando a nuestros hijos y a los nietos porque están en el paro", reivindican. E recordan que UGT ou CC.OO. teñen a disposición de todos os pensionistas e xubilados, afiliados ou non, uns modelos de reclamacións da cantidade non aboada en concepto de actualización do IPC na paga extra non percibida e a incorporación do mesmo IPC á suba de 2013, tampouco incorporado.