Avanzan os preparativos para a celebración do 50 aniversario da Brilat
Por Redacción
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, presidiu a mesa de coordinación, este luns na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, con motivo dos actos do 50º aniversario da BRILAT, que se celebrarán o 8 e 9 de outubro en Pontevedra.
Á mesma asistiron representantes da Brigada, da Garda Civil, da Policía Nacional, da Policía Autonómica e da Policía Local.
Entre os actos programados atópanse unha exposición, un encontro de bandas e unha parada militar. No operativo de seguridade participarán todos os Corpos e Forzas de Seguridade para garantir que os actos transcorran con normalidade.
DÍA DAS FAMILIAS NA BRILAT
Dentro dos actos conmemorativos do 50 aniversario, este pasado venres 16 de setembro na Base da Brilat en Figueirido celebrouse, o Día das Familias, que consistiu nunha xornada de portas abertas na que os familiares e amigos dos militares puideron coñecer a Unidade e ver o material do que dispón.
Para os máis pequenos organizáronse distintos xogos infantís: tiro con arco, percorridos topográficos, monicreques, inchables, festa de escuma, entre outros.
Máis de dous mil persoas participaron nesta xornada que lles permitiu coñecer a Brigada desde dentro.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- O azor sobrevoa a Alameda no 50 aniversario da creación da Brilat
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Restricións de tráfico na contorna da Alameda con motivo do 50 aniversario da Brilat
Por Redacción |
-
A Operación Centinela Gallego finaliza con máis de 180 avisos de incendios forestais
Por Redacción |
-
A Tui-Santiago segue batendo récords: 120 quilómetros e 7 probas en menos de 22 horas
Por Natalia Puga |
-
A Brilat repartirá sorte en 5,5 millóns de cupóns da ONCE no seu 50 aniversario
Por Natalia Puga |
-
A Brilat propón celebrar o seu desfile de aniversario polas rúas de Pontevedra